Política de privacidade do sitio web

terradaauga.org

I. POLÍTICA DE PRIVACIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS

En respecto do disposto na lexislación vixente, Terra da Auga (en diante, tamén, o Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade axeitado ao risco dos datos recollidos.

Leis que incorpora esta política de privacidade

A presente política de privacidade está adaptada á normativa española e europea vixente en materia de protección de datos persoais en Internet. En concreto, respecta as normas seguintes:

  • Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (GDPR).
  • Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPD-GDD).
  • Real decreto 1720/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (RDLOPD).
  • Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE).

Identidade da entidade responsable do tratamento dos datos persoais

A entidade responsable do tratamento dos datos persoais recollidos en Terra da Auga é: REAWEN IMPACT SL, con NIF: B27879170 e inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra cos seguintes datos de rexistro: escritura n.º 2020/17, tomo 4313, folla 130, inscrición 1 con folla 66447, cuxa representante é: Laura Fernández Cascán (en diante, a Responsable do Tratamento). Os seus datos de contacto son os seguintes:

Enderezo: Praza de Compostela, 27 8º A, Vigo (Pontevedra)

Teléfono de contacto: +34 619 284 879

Correo electrónico de contacto: [email protected]

Rexistro de datos de carácter persoal

En cumprimento do disposto no RGPD e na LOPD-GDD, informamos de que os datos persoais recollidos por Terra da Auga, a través dos formularios presentes nas súas páxinas, incorporaranse e trataranse no noso ficheiro co fin de facilitar, axilizar e cumprir os compromisos establecidos entre Terra da Auga e a/o Usuaria/o, manter a relación que se estableza nos formularios que a/o Usuaria/o cubra ou para responder a unha solicitude ou consulta da/o Usuaria/o. Así mesmo, de conformidade co disposto no RGPD e na LOPD-GDD, agás que sexa aplicable a excepción prevista no artigo 30.5 do RGPD, mantense un rexistro das actividades de tratamento que especifica, segundo as súas finalidades, as actividades de tratamento realizadas e as demais circunstancias establecidas no RGPD.

Principios aplicables ao tratamento dos datos persoais

O tratamento dos datos persoais da/o Usuaria/o estará suxeito aos seguintes principios recollidos no artigo 5 do RGPD e no artigo 4 e seguintes da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais:

  • Principio de licitude, lealdade e transparencia: requirirase en todo momento o consentimento da/o Usuaria/o tras transmitirlle información totalmente transparente sobre as finalidades para as que se recollen os datos persoais.
  • Principio de limitación da finalidade: os datos persoais recolleranse para fins determinados, explícitos e lexítimos.
  • Principio de minimización de datos: só se recollerán os datos persoais estritamente necesarios en relación cos fins para os que se tratan.
  • Principio de exactitude: os datos persoais deben ser exactos e estar sempre actualizados.
  • Principio de limitación do prazo de conservación: os datos persoais só se conservarán dunha forma que permita a identificación da/o Usuaria/o durante o tempo necesario para as finalidades para as que se tratan.
  • Principio de integridade e confidencialidade: os datos persoais trataranse dunha forma que garanta a súa seguridade e confidencialidade.
  • Principio de responsabilidade proactiva: a Responsable do Tratamento será responsable de asegurar o cumprimento dos principios anteriores.

Categorías de datos persoais

Os datos tratados en Terra da Auga pertencen unicamente á categoría de datos identificativos. Non se tratan en ningún caso datos persoais de categorías especiais no sentido do artigo 9 do GDPR.

Base legal para o tratamento dos datos persoais

A base legal para o tratamento dos datos persoais é o consentimento. Terra da Auga comprométese a obter o consentimento expreso e comprobable da/o Usuaria/o para o tratamento dos seus datos persoais para unha ou varias finalidades específicas.

A/O Usuaria/o terá dereito a retirar o seu consentimento en calquera momento. Retirar o consentimento será tan doado coma prestalo. Como norma xeral, a retirada do consentimento non condicionará o uso do Sitio Web.

Nas ocasións nas que a/o Usuaria/o deba ou poida facilitar os seus datos a través de formularios para realizar consultas, solicitar información ou por motivos relacionados co contido do Sitio Web, comunicaráselle se algúns deles son imprescindibles para o correcto desenvolvemento da operación realizada e, por tanto, é obrigatorio fornecelos.

Finalidades do tratamento ao que se destinan os datos persoais

Terra da Auga recolle e xestiona os datos persoais coa finalidade de facilitar, axilizar e cumprir os compromisos establecidos entre o Sitio Web e a/o Usuaria/o, para manter a relación que se estableza nos formularios que a/o Usuaria/o cubra ou para atender a unha solicitude ou consulta.

Ademais, os datos poderán empregarse cunha finalidade comercial de personalización, operativa e estatística, e para actividades propias do obxecto social de Terra da Auga, así como para a extracción, almacenamento de datos e estudos de márketing para adecuar os contidos ofrecidos a/o Usuaria/o, e mellorar a calidade, funcionamento e navegación no Sitio Web.

No momento en que se obteñan os datos persoais, infórmase a/o Usuaria/o sobre a finalidade ou finalidades específicas do tratamento ao que se van destinar os datos persoais; é dicir, o uso ou usos que se lle vai dar á información recollida.

Períodos de conservación dos datos persoais

Os datos persoais só se conservarán durante o tempo mínimo necesario para as finalidades do seu tratamento e, en calquera caso, só durante o seguinte prazo: 24 meses, ou ata que a/o Usuaria/o solicite a súa eliminación.

No momento en que se obteñan os datos persoais, infórmase a/o Usuaria/o do período durante o que se conservarán os datos persoais ou, cando isto non sexa posible, dos criterios empregados para determinar o devandito período.

Destinataria/os de datos persoais

Os datos persoais da/o Usuaria/o non se compartirán con terceiros.

En calquera caso, no momento en que se obteñan os datos persoais, infórmase a/o Usuaria/o sobre os destinatarios ou categorías de destinatarios dos datos persoais.

Datos persoais da persoas menores de idade

En respecto do disposto nos artigos 8 do RGPD e 7 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, só as persoas de máis de 14 anos poderán prestar o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais de forma lícita por parte de Terra da Auga. Se se trata dunha persoa menor de 14 anos, será necesario o consentimento da nai, pai ou titores para o tratamento dos seus datos, que só se considerará lícito se estes últimos o autorizan.

Segredo e seguridade dos datos persoais

Terra da Auga comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade axeitado ao risco dos datos recollidos, para que se garanta a seguridade dos datos persoais e se evite a destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita de datos persoais transmitidos, conservados ou tratados doutro xeito, ou a comunicación ou acceso non autorizados a tales datos.

O Sitio Web conta cun certificado SSL (Secure Socket Layer), que garante que os datos persoais se transmiten de forma segura e confidencial, xa que a transmisión de datos entre o servidor e a/o Usuaria/o, e en retroalimentación, está totalmente cifrada ou encriptada.

No entanto, debido a que Terra da Auga non pode garantir a inexpugnabilidade de Internet nin a total ausencia de ciberdelincuentes ou outras ameazas que accedan fraudulentamente aos datos persoais, a Responsable do Tratamento dos datos comprométese a informar a/o Usuaria/o sen dilacións indebidas cando se produza unha violación da seguridade dos datos persoais que poida supor un alto risco para os dereitos e liberdades das persoas físicas. Consonte o establecido no artigo 4 do RGPD, enténdese por violación da seguridade dos datos persoais toda violación da seguridade que cause a destrución, perda ou alteración accidental ou ilícita dos datos persoais transmitidos, conservados ou tratados doutro xeito, ou a comunicación ou acceso non autorizados aos devanditos datos.

Os datos persoais serán tratados como confidenciais pola Responsable do Tratamento, que se compromete a informar e garantir mediante unha obriga legal ou contractual que a tal confidencialidade é respectada polo seu persoal empregado, entidades ou persoas asociadas e calquera a quen se lle facilite o acceso á información.

Dereitos derivados do tratamento dos datos persoais

A/O Usuaria/o ten, en relación con Terra da Auga e, polo tanto, poderá exercer fronte á Responsable do Tratamento os seguintes dereitos recoñecidos no RGPD e na Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais:

  • Dereito de acceso: é o dereito da/o Usuaria/o a obter confirmación de se Terra da Auga está tratando ou non os seus datos persoais e, de ser así, obter información sobre os seus datos persoais concretos e o tratamento que Terra da Auga realizou ou está a realizar, así como, entre outros, da información dispoñible sobre a procedencia dos devanditos datos e os destinatarios das comunicacións realizadas ou previstas para eles.
  • Dereito de rectificación: é o dereito da/o Usuaria/o a que se modifiquen os seus datos persoais que sexan inexactos ou, tendo en conta as finalidades do tratamento, estean incompletos.
  • Dereito de supresión («dereito de esquecemento»): é o dereito da/o Usuaria/o, sempre que a lexislación vixente non estableza o contrario, a que se supriman os seus datos persoais nas seguintes circunstancias: cando xa non sexan necesarios para as finalidades para as que se recolleron ou trataron; se a/o Usuaria/o retirou o seu consentimento para o tratamento e este non ten outra base legal; cando a/o Usuaria/o se opón ao tratamento e non existe outro motivo lexítimo para continuar con el; se os datos persoais foron tratados ilegalmente; se os datos persoais deben suprimirse en cumprimento dunha obriga legal, ou cando os datos persoais se obtiveron como consecuencia dunha oferta directa de servizos da sociedade da información a unha persoa menor de 14 anos. Ademais da supresión dos datos, a Responsable do Tratamento, tendo en conta a tecnoloxía dispoñible e o custo da súa aplicación, deberá adoptar medidas razoables para informar as persoas responsables que estean tratando os datos persoais da solicitude da/o interesada/o de eliminar calquera ligazón a eses datos persoais.
  • Dereito á limitación do tratamento: é o dereito da/o Usuaria/o a limitar o tratamento dos seus datos persoais. A/O Usuaria/o ten dereito a obter a limitación do tratamento na seguintes circunstancias: cando impugne a exactitude dos seus datos persoais; cando o tratamento sexa ilícito; cando a Responsable do Tratamento xa non necesite os datos persoais, pero a/o Usuaria/o si os precisa para facer reclamacións, e se a/o Usuaria/o se opuxo ao tratamento.
  • Dereito á portabilidade dos datos: no caso de que o tratamento se realice por medios automatizados, a/o Usuaria/o terá dereito a recibir, da Responsable do Tratamento, os seus datos persoais nun formato estruturado, de uso común e de lectura mecánica, e a transmitirllos a outra persoa responsable do tratamento. Sempre que sexa tecnicamente posible, a Responsable do Tratamento transmitirá directamente os datos a esoutra persoa responsable.
  • Dereito de oposición: é o dereito da/o Usuaria/o a que non se traten os seus datos persoais ou a que Terra da Auga cese o tratamento dos seus datos.
  • Dereito a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís: é o dereito da/o Usuaria/o a non ser obxecto dunha decisión individualizada baseada unicamente no tratamento automatizado dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís, existente agás que a lexislación vixente estableza o contrario.

Por conseguinte, a/o Usuaria/o poderá exercer os seus dereitos mediante comunicación escrita dirixida á Responsable coa referencia «RGPD-terradaauga.org», onde especifique:

  • Nome e apelidos da/o Usuaria/o, e copia do DNI. Nos casos en que se admita a representación, tamén será necesaria a identificación polo mesmo medio da persoa que representa a/o Usuaria/o, así como o documento acreditativo da representación. A fotocopia do DNI poderá substituírse por calquera outro medio legalmente válido que acredite a identidade.
  • Documento cos motivos concretos da solicitude ou información á que se quere acceder.
  • Enderezo para efectos de notificacións.
  • Data e sinatura da persoa solicitante.
  • Calquera documento que acredite a solicitude que se presenta.

Esta solicitude e calquera outro documento anexo poderán enviarse ao seguinte enderezo postal e/ou correo electrónico:

Enderezo postal: Praza de Compostela, 27 8º A, Vigo (Pontevedra)

Correo electrónico: [email protected]

Ligazóns a sitios web de terceiros

O Sitio Web pode incluír hiperligazóns ou ligazóns que permitan o acceso a páxinas web de terceiros distintos de Terra da Auga e que, polo tanto, non son xestionados por Terra da Auga. As persoas titulares destes sitios web terán as súas propias políticas de protección de datos e serán elas mesmas, en cada caso, as responsables dos seus propios ficheiros e das súas propias prácticas de privacidade.

Reclamacións ante a autoridade de control

No caso de que a/o Usuaria/o considere que existe algún problema ou infracción da normativa vixente na forma en que se están a tratar os seus datos persoais, terá dereito á tutela xudicial efectiva e a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control, en concreto, no Estado no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou no lugar da presunta infracción. No caso de España, a autoridade de control é a Axencia Española de Protección de Datos (https://www.aepd.es/).

II. ACEPTACIÓN E CAMBIOS NESTA POLÍTICA DE PRIVACIDADE

É necesario que a/o Usuaria/o lea e concorde coas condicións sobre protección de datos persoais contidas nesta política de privacidade, e tamén que acepte o tratamento dos seus datos persoais para que a Responsable do Tratamento poida proceder ao tratamento na forma, nos prazos e para as finalidades sinaladas. O uso do Sitio Web implica a aceptación da súa política de privacidade.

Terra da Auga resérvase o dereito a modificar a súa política de privacidade, segundo o seu propio criterio ou motivada por un cambio lexislativo, xurisprudencial ou doutrinal da Axencia Española de Protección de Datos. Os cambios ou actualizacións desta política de privacidade non se lle notificarán expresamente á/ao Usuaria/o. Recoméndaselle ao/ao Usuaria/o que consulte esta páxina periodicamente para estar ao corrente dos últimos cambios ou actualizacións.

Esta política de privacidade actualizouse para adaptala ao Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (RGPD), e á Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.