En cumprimento do deber de información que establece a Lei 34/2002 de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI-CE), de 11 de xullo, a seguir indícanse os datos de información xeral relativos a este sitio web:
A titularidade deste sitio web, terradaauga.org, (en diante, o Sitio Web) correspóndelle a: REAWEN IMPACT SL, con NIF: B27879170 e inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, cos seguintes datos de rexistro: escritura n.º 2020/17, tomo 4313, folla 130, inscrición 1 con folla 66447, cuxa representante é: Laura Fernández Cascán e cuxos datos de contacto son:
Enderezo: Praza de Compostela, 27 8º A, Vigo (Pontevedra)
Teléfono de contacto: +34 619 284 879
Correo electrónico de contacto: [email protected]
As presentes Condicións Xerais de Uso (en diante, as Condicións) teñen por obxecto regular o acceso e utilización do Sitio Web. Para os efectos destas Condicións, entenderase por Sitio Web: a aparencia externa das interfaces de pantalla, tanto de xeito estático coma dinámico, é dicir, a árbore de navegación; e todos os elementos integrados tanto nas interfaces de pantalla coma na árbore de navegación (en diante, os Contidos), ademais de todos aqueles servizos ou recursos en liña que lles ofreza ás/aos Usuarias/os (en diante, os Servizos).
Terra da Auga resérvase o dereito a modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a presentación e configuración do Sitio Web e dos Contidos e Servizos que figuren nel. A/O Usuaria/o recoñece e acepta que Terra da Auga poderá, en calquera momento, interromper, desactivar e/ou cancelar calquera destes elementos que estean integrados no Sitio Web ou o acceso a eles.
O acceso ao Sitio Web por parte da/o Usuaria/o é totalmente libre e, por norma xeral, gratuíto, polo que a/o Usuaria/o non ten que achegar ningunha contraprestación para poder desfrutar del, agás no que se refire ao custo da conexión a través da rede de telecomunicacións que lle aplique o provedor de servizos que a/o Usuaria/o teña contratado.
O acceso e uso dalgúns dos Contidos ou Servizos do Sitio Web poderá requirir a previa subscrición ou rexistro da/o Usuaria/o.
O acceso, navegación e uso do Sitio Web confire a condición de Usuaria/o, polo que está implícito que a persoa usuaria acepta, dende o momento en que comeza a navegar polo Sitio Web, todas as Condicións establecidas aquí, así como as súas posteriores modificacións, sen prexuízo da aplicación da normativa legal de obrigado cumprimento correspondente segundo o caso. Dada a relevancia do anterior, recoméndaselle a/o Usuaria/o que lea as Condicións cada vez que visite o Sitio Web.
O Sitio Web de Terra da Auga fornece unha gran variedade de información, servizos e datos. A/O Usuaria/o asume a responsabilidade de empregar correctamente o Sitio Web. Esta responsabilidade estenderase a:
En todo caso, a/o Usuaria/o comunicará de maneira inmediata a Terra da Auga calquera feito que permita o uso indebido da información rexistrada nos devanditos formularios, tales como, pero non exclusivamente, o roubo, o extravío ou o acceso non autorizado a identificadores e/ou contrasinais, co fin de proceder á súa cancelación inmediata.
O mero acceso a este Sitio Web non implica o establecemento de ningún tipo de relación de carácter comercial entre Terra da Auga e a/o Usuaria/o.
Sempre no cumprimento da lexislación vixente, este Sitio Web de Terra da Auga está dirixido a todas as persoas, independentemente da súa idade, que poidan acceder e/ou navegar polas páxinas do Sitio Web.
Terra da Auga non garante a continuidade, dispoñibilidade e utilidade do Sitio Web nin dos seus Contidos nin Servizos. Terra da Auga fará todo o posible para garantir o bo funcionamento do Sitio Web. No entanto, non se fai responsable nin garante que o acceso a este Sitio Web non se poida interromper nalgún momento ou que estea libre de erros.
Así mesmo, tampouco se responsabiliza nin garante que os contidos ou software aos que se poida acceder a través deste Sitio Web estean libres de erros ou non poidan provocar danos no sistema informático (software e hardware) da/o Usuaria/o. En ningún caso Terra da Auga será responsable das perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo derivados do acceso, navegación e uso do Sitio Web, incluídos, con carácter enunciativo e non limitativo, os ocasionados aos sistemas informáticos ou os provocados pola introdución de virus.
Terra da Auga tampouco se fai responsable dos danos que se lles poidan ocasionar ás/os Usuaria/os polo uso indebido deste Sitio Web. En concreto, non se fai responsable en ningunha circunstancia das caídas, interrupcións, fallas ou defectos das telecomunicacións que se poidan producir.
A/O Usuaria/o ou terceiro que realice unha hiperligazón dende unha páxina web doutro sitio web diferente ao Sitio Web Terra da Auga deberá saber que:
Non está permitida a reprodución, total ou parcial, de ningún dos Contidos e/ou Servizos do Sitio Web sen autorización expresa de Terra da Auga.
Tampouco está permitida ningunha afirmación falsa, inexacta ou incorrecta sobre o Sitio Web Terra da Auga nin sobre os seus Contidos e/ou Servizos.
A excepción da hiperligazón, o sitio web no que se estableza a devandita hiperligazón non conterá ningún elemento do presente Sitio Web, protexido como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, agás autorización expresa de Terra da Auga.
O establecemento da hiperligazón non vai implicar a existencia de relacións entre Terra da Auga e a persoa titular do sitio web dende o que se realice nin o coñecemento e aceptación por parte de Terra da Auga dos contidos, servizos e/ou actividades ofertados ou presentes no devandito sitio web, nin viceversa.
Terra da Auga, por si mesma ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do Sitio Web, así como dos elementos que contén (a título enunciativo e non exhaustivo, imaxes, son, audio, vídeo, software ou textos, marcas ou logotipos, combinacións de cores, estrutura e deseño, selección de materiais empregados, programas informáticos necesarios para o seu funcionamento, acceso e uso etc.). Por tanto, todo o anterior son obras protexidas como propiedade intelectual polo ordenamento xurídico español, e como tales aplicaránselles a normativa española e comunitaria nesta materia, así como os tratados internacionais relacionados coa materia e subscritos por España.
Todos os dereitos reservados. En virtude do disposto na Lei de propiedade intelectual, queda expresamente prohibida a reprodución, distribución e comunicación pública, incluída a modalidade de posta a disposición, de todos ou parte dos Contidos deste Sitio Web, con fins comerciais, en calquera soporte e por calquera medio técnico, sen a autorización previa e por escrito de Terra da Auga.
A/O Usuaria/o comprométese a respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial de Terra da Auga. A/O Usuaria/o pode visualizar os elementos do Sitio Web ou mesmo imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico sempre e cando sexa exclusivamente para o seu uso persoal. Porén, a/o Usuaria/o non poderá eliminar, alterar ou manipular ningún dispositivo de protección ou sistema de seguridade que estea instalado no Sitio Web.
No caso de que a/o Usuaria/o ou terceiro considere que algún dos Contidos do Sitio Web constitúe unha vulneración dos dereitos de protección da propiedade intelectual, deberá informar de inmediato a Terra da Auga a través dos datos de contacto que se indican no apartado INFORMACIÓN XERAL deste Aviso legal e condicións xerais de uso.
Terra da Auga resérvase a facultade de presentar as accións civís ou penais que xulgue necesarias pola utilización indebida do Sitio Web e dos Contidos, ou polo incumprimento destas Condicións.
A relación entre a/o Usuaria/o e Terra da Auga rexerase pola normativa vixente e aplicable no territorio español. De xurdir calquera controversia a respecto da interpretación e/ou aplicación destas Condicións, as partes someterán os seus conflitos á xurisdición ordinaria, perante os xuíces e tribunais correspondentes de conformidade coa lei e o dereito.