Persoas.
Territorio.
Biodiversidade.

Terra da Auga

O proxecto

Terra da Auga é un experimento, unha iniciativa pioneira que busca conectar persoas e proxectos locais para inspirar, unir forzas e multiplicar efectos no territorio.

Somos un proxecto vivo, innovador e en expansión, que conecta e vertebra as persoas, a cultura e o medio dunha biorrexión á que demos en chamar Terra da Auga.

A contorna de Terra da Auga márcaa a natureza e abrangue da cunca hidrográfica do Eo, na vertente cantábrica, ás cuncas do Baixo Miño-A Limia e o Douro, a ambas as beiras de Galicia e Portugal.

Terra da Auga

Terra da Auga é un proxecto pioneiro, vivo e en expansión que conecta persoas e iniciativas locais, cultura, biodiversidade e recursos.

A contorna de Terra da Auga márcaa a natureza e abrangue da cunca hidrográfica do Eo, na vertente cantábrica, ás cuncas do Baixo Miño-A Limia e o Douro, a ambas as beiras de Galicia e Portugal.

Persoas e territorio que (re)conectan e (re)xeneran

A misión

Ser un referente territorial como espazo de relación, sinerxias e cambio real, sen influenzas ideolóxicas nin intereses partidistas. Somos o paraugas que xunta todas as persoas cunha visión do mundo común.

Aló polo 2021, un grupo de persoas decididas a mellorar o benestar social, natural e económico aquí, na terra da auga, decatámonos de que:

Un espazo de suma de talentos

A Misión

Ser un referente territorial como espazo de relación, sinerxias e cambio real, sen influenzas ideolóxicas nin intereses partidistas. Somos o paraugas que xunta todas as persoas que comparten unha visión do mundo común. Voando en bando, acadamos metas máis ambiciosas.

Un espazo de suma de talentos

O método

O método é sinxelo: se ti estás ben, se coñeces os teus límites e fortalezas, se valoras o teu e o dos demais, has fomentar unha cultura crítica social e colaborativa, e, entre todos, o cambio será real e exponencial: na saúde e benestar social, na economía e no habitat.

Terra da Auga céntrase en:

TI

Queremos que ti fagas o cambio. Acompañamos vitalizadores do territorio para que recoñezan o seu potencial e valor persoal, acepten os seus límites e atrancos, aprendan a coidar e coidarse, e conten a súa historia para inspirar outras.

A CULTURA

Cando a xente está en contacto, as redes, as ideas e os proxectos técense sós. Creamos espazos de cultura colaborativa arredor dun reto común como vía para acadar solucións reais e efectivas.

O TERRITORIO

Se somos grandes, somos visibles. Hai coñecemento, hai cartos, hai ideas, hai proxectos en marcha e colaboracións en potencia. Queremos unir os puntos e mobilizalos por ti, e tamén por nós. Porque queremos seguir vivindo nun lugar fermoso.

O Método

O método é sinxelo: se ti estás ben, se coñeces os teus límites e fortalezas, se valoras o teu e o dos demais, has fomentar unha cultura crítica social e colaborativa, e, entre todos, o cambio será real e exponencial: na saúde e benestar social, na economía e no habitat.

Terra da auga céntrase en:

TI

Queremos que ti fagas o cambio. Acompañamos vitalizadores do territorio para que recoñezan o seu potencial e valor persoal, acepten os seus límites e atrancos, aprendan a coidar e coidarse, e conten a súa historia para inspirar outras.

A CULTURA

Cando a xente está en contacto, as redes, as ideas e os proxectos técense sós. Creamos espazos de cultura colaborativa arredor dun reto común como vía para acadar solucións reais e efectivas.

O TERRITORIO

Se somos grandes, somos visibles. Hai coñecemento, hai cartos, hai ideas, hai proxectos en marcha e colaboracións en potencia. Queremos unir os puntos e mobilizalos por ti, e tamén por nós. Porque queremos seguir vivindo nun lugar fermoso.

Investimos nas persoas detrás das iniciativas locais:
#agricultura rexenerativa
#silvicultura e restauración forestal
#pesca e gandaría sostibles
#lingua e cultura
#soberanía alimentaria
#protección dos ríos
#coidados e saúde comunitarios
#vivenda digna
#arte e patrimonio
#educación igualitaria
#enerxías renovables
#economía social
#finanzas éticas
#equidade
#integración e cohesión social
#cultura inclusiva
#gobernanza local xusta
agricultura rexenerativa · silvicultura e restauración forestal · pesca e gandaría sostibles · preservación da lingua e da cultura · soberanía alimentaria · protección dos ríos · coidados e saúde a escala comunitaria ·

vivenda digna · arte e patrimonio · educación igualitaria · enerxías renovables · economía social · finanzas éticas · igualdade · integración e cohesión social · cultura inclusiva · gobernanza local xusta ·

A equipa

Detrás do ecosistema de Terra da Auga, hai unha equipa motora creativa, diversa e aliñada

Alba Fernández
Narrativa visual e mente creativa

É unha arquitecta do visual e o espacial, capaz de contalo todo cunha imaxe. Encárgase de moldear os espazos e encontros, e de crear o imaxinario de Terra da Auga con enxeño e fantasía.

Alba é agarimo e curriñismo. Inspira co exemplo e o seu sorriso constante deixa claro que atopou o seu lugar no mundo. Parece calada ata que… dá unha pincelada que cambia as augas e sucede maxia.

Terra da Auga axuda a Alba a ver e verse con claridade.

María Mediero
Narrativa e storytelling

María ponlle voz ás augas de Terra da Auga e traduce en palabras o que somos e queremos ser. Vai tecendo a identidade da nosa visión e obxectivos para que a mensaxe se entenda, inspire e conecte.

Un remuíño no día a día, María vólvese meticulosa e metódica cando se pon ante unha folla en branco. A ironía é a súa forma natural de comunicarse. Analízao todo con cen ollos, gústanlle os retos e as novidades, e está aprendendo a aceptar os seus límites.

Terra da Auga fíxoa recuperar a ilusión polo cambio.

Laura Fernández
Sistematización, xestión e impulso disruptivo

Por moito que non lle guste o termo, Laura é a nosa CEO. É o motor que nos fai rodar, a facilitadora de alianzas con outras iniciativas e a nosa relacións públicas por excelencia.

É un terremoto que sempre pensa que avanza lento. Laura está en todos os proxectos rexenerativos e innovadores que existen, e parécelle pouco. A súa capacidade para pensar a grande escala fai dela unha visionaria que sabe que outra realidade é posible.

Terra da Auga ensina a Laura… a ser máis flexible e deixarse fluír polo entusiasmo.

Ramón Romero
Inspiración e protección da cultura colaborativa

É o coordinador que mantén a orde na nosa desorde e devólvenos ao rego con franqueza cando perdemos o foco. Mantén a cohesión dende a observación.

Sempre atopa as palabras exactas para descolocarte por completo e facerte reflexionar. Ramón ve claro o camiño e a súa capacidade para lernos a todos con transparencia axúdanos a coñecernos mellor e, sobre todo, a aceptarnos. É un facilitador natural do crecemento colectivo.

A Ramón Terra da Auga reconéctao coas súas raíces e a súa lingua.

Non entendo

Nós tampouco. Somos un grupo de xente galega en contacto con proxectos de fóra que non entende como é posible que outras rexións progresen con tan pouco e nós sempre esteamos atoados.

  • O noso territorio é un vaivén de proxectos pequenos que morren ao pouco.
  • Os recursos existen, pero non chegan.
  • A nosa dispersión xeográfica bloquea a conexión entre iniciativas.
  • Hai un movemento mundial en marcha e non facemos parte.

Temos unha terra con recursos naturais, culturais e sociais.

Temos xente con gana de mantela e outra facendo cousas por preservala.

  • Deixar de traballar a pequena escala.
  • Activar o teu xene de cooperar.
  • Coidar da xente e da terra, para que se coiden mutuamente.
  • Ser unha base de datos completa das iniciativas territoriais.
  • Facer que os fondos e as subvencións cheguen aos proxectos pequenos.
  • Lograr que os talentos se encontren.
  • Visibilizar os problemas sociais e estruturais, para encaralos en sociedade.
  • Dar voz e inspirar con historias de impacto reais.

Deixando de subirnos tarde aos carros e adiantándonos a eles. Temos un ecosistema singular.

Fomos entendendo que cada persoa está nun punto e ten necesidades diferentes: espazos de orientación, contacto con investimentos, redes de recursos. Poñemos foco en axudalas dende aí.

Chegaches ata aquí porque tes un ollar curioso. Déixate guiar por el e únete ao reto rexenerativo.

Terra da Auga só ten sentido se revirte no benestar social e natural.
Faino posible